Os GPUL Labs continúan con un obradoiro de testing en JavaScript con Jest

Martes, 20 Marzo 2018

Este mércores 21 de marzo na Facultade de Informática da Coruña a Asociación Universitaria Grupo de de Programadores e Usuarios de Linux, coñecida como GPUL, continúa a súa serie de conferencias, talleres e charlas “GPUL Labs“, que xa anunciamos na nova e na cal teñen lugar eventos diversos ao longo do ano arredor de tecnoloxías libres punteiras, onde se dan cita, profesionais do sector, profesores, estudantes e afeccionados ás tecnoloxías para difundir software, hardware e coñecemento libre.

Esta semana o evento da serie corre a cargo de David Barral da empresa Trabe, cunha charla titulada “Testing JavaScript con Jest“, na que nos falará de como se pode realizar testing en JavaScript. Nas aplicacións modernas as tarefas de testing manuais son complexas e dependendo do tamaño da aplicación, incluso inabordables, polo que se solen empregar ferramentas que nos axuden a realizar o testing.
Un exemplo destas ferramentas é Jest, que é un framework libre licenciado coa licenza MIT e creado pola empresa Facebook, arredor do cal xirará o obradoiro que terá lugar este mércores e no que te podes apuntar no meetup.

Dende GPUL, lembran que aínda teñen oco para relatores e relatoras que queiran participar dunha forma máis activa dos GPUL Labs e impartir unha conferencia, un obradoiro, unha charla ou similares.
Se es unha empresa pode interesarche participar no programa de patrocinadores desta edición dos GPUL Labs.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal