Mancomún

Party Galaecia.net 2008 o 8, 9 e 10 de agosto en Vilagarcía

Martes, 5 Agosto 2008

http://www.mancomun.org/images/eventos/galaecia_2008.pngDurante os próximos 8, 9 e 10 de agosto, vaise celebrar en Vilagarcía a 3ª edición da party Galaecia.net. Este ano a party conta con 120 prazas, aínda que a día de hoxe, xa só quedan dispoñibles 14 prazas. O rexistro é de balde.

Este ano, dentro da programación do evento (50 horas de party) haberá distintas actividades como concursos (de videoxogos, de fotografía dixital, …) e obradoiros. Entre os obradoiros destacaremos os seguintes relacionados co mundo do Software Libre:

Venres 8

  • 19:00 – 20:30 Musix (Edición de son con linux + software libre)

Sábado 9

  • 18:00 – 20:00 Blender/Inkscape (Introdución ao deseño 3D e imaxe vectorial con software libre)

Máis información na páxina oficial do evento en:
http://asociacionsil.org/galaecia/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal