Mancomún

Sae á luz a primeira versión candidata de Mono 2.0

Martes, 5 Agosto 2008

Logotipo de MonoO 4 de agosto o proxecto Mono marcou o seu desenvolvemento na versión 2.0 coa primeira versión candidata. Grandes melloras incluíndo LINQ da especificación C# 3.0, mellora da rapidez no compilador nun 30%, depuración dende a interface de liña de comandos e amplo soporte coas bases de datos PostgresSQL, DB2, Oracle, Sybase, SQL server, SQLite e Firebird.

Noutras cousas destaca o subproxecto Gtk# 2.12 que é a unión das bibliotecas Gtk+ e GNOME para permitir crear aplicacións de escritorio independentes da plataforma para GNU/Linux, Windows e MacOS X de forma uniforme. Ademais, dende fai algúns meses, MonoDevelop permite o uso de Gtk# para desenvolver aplicacións de escritorio con un deseñador de formularios dende GNU/Linux para calquera das plataformas mencionadas.

En pouco máis dun mes esperase que saia a versión final, entrementres está preparada unha segunda candidata para o 18 de agosto.

Máis info:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal