Mancomún

Petición de contribucións para o Obradorio de Criptografía, privacidade e seguridade organizado por GPUL

Xoves, 12 Abril 2012

Logo de GPULDende GPUL abren o prazo de presentación de contribucións para participar no Obradoiro de criptografía, privacidade e seguridade, que se celebrará entre os días 14 e 16 de maio no que se tratarán temas relacionados co ámbito da privacidade, da seguridade e da cifraxe, sempre por suposto en torno ao software libre os estándares abertos ou mesmo a cultura libre. 

Dende a organización abre hoxe o prazo para que calquera persoa interesada en realizar unha charla, un obradoiro ou algunha outra idea de colaboración poida remitirllo ao comité organizador.

Aqueles interesados en achegar as súas propostas poden facelo ata o vindeiro día 28 de abril a través do formulario habilitado na plataforma de xestión de contribucións, previo rexistro no evento, atendendo ás seguintes instrucións.
Requisitos de presentación:

  • Temática: estará relacionada coa seguirdade, privacidade e cifraxe en software Libre. As propostas poden ter todo tipo de enfoques: divulgativo, desenvolvemento, investigación…
  • Lingua: poderanse presentar propostas en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
  • Software: todo software referenciado debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF. O mesmo se aplica para o caso do hardware e a definición do OSHW.
  • Gravación e distribución dos contidos: o poñente autoriza a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuír tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención, baixo unha licencia libre (segundo a FSF).

Dende a directiva, agardan tanto as vosas propostas como a vosa asistencia, pero sobre todo que o pasedes ben e que lle deades a máxima publicidade posible ao evento.

Lembramos tamén que ata o próximo día 14 de abril segue aberto o prazo para remitir propostas de participación nas Xornadas Multimedia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal