postmarketOS xa é compatible con 200 dispositivos móbiles

Mércores, 20 Maio 2020

PostmarketOS está soportado en 200 dispositivos que van dende “smartphones” a tabletas que executen de serie iOS ou Android, podendo así liberalos con este sistema operativo.

O sistema operativo baseado na distribución Alpine Linux, PostmarketOS, tivo a súa primeira versión no 2017 e de momento aínda é unha versión alpha que non permite as chamadas en moitos dos teléfonos. Aínda así, pode ser unha opción para aquelas persoas argalleiras que queiran experimentar liberando os dispositivos móbiles.

Máis información sobre como instalalo e sobre que dispositivos son compatibles na súa wiki.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal