]Project-Open[ ou ]PO[ é un completo ERP orientado a proxectos de propósito xeral, amplamente configurábel e orientada a proxectos e servizos, non a produtos.
Aínda que é un ERP de propósito xeral, ]PO[ ten diversas solucións que cobren diversos sectores máis específicos:
- ]project-translation[ é unha solución para pequenas e medianas empresas de tradución.
- ]project-consulting[ para consultoras cunha intranet como plataforma colaborativa, xestión de proxectos, fluxos de traballo e xestión do coñecemento.
- ]project-agency[ é unha solución para axencias de publicidade e Internet que optimiza a xestión dos recursos internos da empresa.
- ]project-lifecycle[ é unha solucións para PLM (“product lifecycle management”:xestión do ciclo de vida dos produtos) para enxeñaría e empresas de produción industrial.
Algúns dos módulos principais que compoñen este ERP son:
- Módulo de finanzas para o seguimento e avaliacións dos resultados
- Xestión de relacións cos clientes (CRM)
- Xestión de provedores
- Xestión de recursos humanos (HRM)
- Xestión de bases de datos do coñecemento
- Business Intelligence
- Xestións de contidos
- Módulo de integración con outros aplicativos.
- etc…
Segundo a súa propia páxina web, ]PO[ é usado por máis de 32.000 usuarios.
Podes atopar unha versión de demostración na seguinte ligazón:http://pcdemo.dnsalias.com/
Poderás acceder á demo usando distintos roles en distintos tipos de empresa
- Empresa consultora: xestor de proxecto, xestor sénior, vendedor, cliente, contabilidade
- Empresa de tradución: xestor de proxecto, traballador independente (“freelance”), cliente
- Empresa de xestión de servizos TIC: xestor sénior, empregado, asistencia técnica, administrador Linux, cliente e vendedor.
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.project-open.com/index.html
