A semana pasada, o Ministerio de Educación venezolano comezou o seu programa chamado “Proxecto Canaima” para fornecer as escolas primarias de “notebooks” de xeito que poidan incorporar as novas tecnoloxías no sistema educativo. Esta acción estase vendo complementada con talleres de formación para o profesorado que se están levando a cabo durante as semanas de vacacións do verán.
En setembro comezará o reparto das primeiras 50.000 unidades nuns 1150 colexios. Os portátiles terán sistema operativo Linux e forman parte dunha primeira partida dun lote total duns 350.000 portátiles que o goberno lle venezolano comprou ao goberno portugués. O portátil fabricado polo goberno portugués é o coñecido co nome de portátil Magalhães…
Ademais, o Ministerio de Educación venezolano espera poder desenvolver, xunto co Centro Nacional de Tecnoloxías da Información, os seus propios programas educativos para os computadores. Asemade, o goberno pretende dispoñer da súa propia planta de ensamblaxe dos portátiles, como parte do acordo de transferencia de tecnoloxía entrámbos os dous gobernos.
Máis información na fonte orixinal da nova:
