Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Maio

Venres, 31 Maio 2019

Xa está publicado o número 58 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Maio.

Logo de OpenBoard

O proxecto destacado deste mes é OpenBoard, unha solución interactiva de encerado para centros de ensino, mediante o cal se poden realizar as presentacións das leccións dun xeito interactivo.

No apartado de novas destacamos a estrea de Mancomún Podcast con xa 4 números, a adopción de GNU/Linux por parte de varios estados da India, a adopción da licenza libre CC-BY para os contidos da web da Comisión Europea, o apoio do parlamento Asturiano á iniciativa “Public Money, Public Code” ou a apertura do rexistro da Akademy-es que terá lugar en Vigo.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal