Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Novembro

Venres, 4 Novembro 2016

Xa está publicado o número 28 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de outubro.

O proxecto destacado deste mes é Nexcloud, un fork de ownCloud levado a cabo polo propio creador do mesmo e do que falamos ampliamente nunha nova, onde se inclúe tamén unha pequena entrevista cun provedor galego da solución, para coñecer de primeira man as súas impresións.

Na sección de novas destacamos varias iniciativas públicas sobre software libre, como son a obligación de emprego de estándares abertos por parte do goberno Holandés, ou a presentación do repositorio de software libre oficial do goberno de EEUU.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal