Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Outubro

Mércores, 5 Outubro 2016

Xa está publicado o número 27 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de outubro.

Logo QGISO proxecto destacado este mes é o sistema de información xeográfica QGIS, de Código Aberto licenciado baixo GNU – General Public License. QGIS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). Funciona sobre Linux, Unix, Mac OSX, Windows e Android e soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vectoriais, datos ráster e bases de datos. O caso de éxito relacionado é a migración que fixo o concello de Newcastle da súa solución SIX privativa a QGIS.

Na sección de novas destacamos diferentes experiencias de migración a software libre na cidade de Berna e por parte do exército italiano, así como diferentes iniciativas europeas encamiñadas a incentivar o emprego e mellora de datos e software libres.

No ámbito local destacamos tamén a fase final do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal