Publicado o código fonte da plataforma de datos abertos do Goberno de España (datos.gob.es)

Mércores, 27 Decembro 2017

No portal da administración electrónica veñen de anunciar a publicación por parte do Ministerio de Facenda e Función Pública o código fonte de datos.gob.es baixo licenza GPL e AGPL.

O proxecto datos.gob.es é unha ferramenta de xestión de contidos orientada á reutilización e publicación de datos abertos. Esta plataforma estase a empregar para a xestión do Catálogo Nacional de Datos Abertos, ofrecendo este un punto de acceso único ao conxunto de datos dos distintos niveis da administración.

A solución final combina diferentes compoñentes e tecnoloxías libres como son Apache Solr, CKAN, Drupal, PostgreSQL, MySQL, Elda, Varnish cache. Para máis información sobre as tecnoloxías que emprega a plataforma podes consultar a páxina do proxecto, tamén podes consultar o código fonte, que está dispoñible en GitHub.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal