Publicado o programa da Akademy-es de Vigo

Luns, 10 Xuño 2019

Xa está publicado o programa da Akademy-es que se celebrará en Vigo dende o venres 28 ao domingo 30 de xuño.

O evento estenderase dende a tarde do venres ata o mediodía do domingo. Tempo no cal van ter lugar arredor de 20 relatorios, charlas relampo e outras actividades máis lúdicas para facer comunidade como poden ser a cea de confraternidade e a visita guiada ao MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo), que é a sede do evento.

Programa

A axenda da Akademy-es recolle actividades e charlas diversas tanto sobre software libre en xeral como charlas enfocadas no mundo de KDE e Plasma. Terán lugar dende relatorios para persoas que están iniciándose no mundo do desenvolvemento e a informática como os centrados en Python e QT, sobre a linguaxe C++, ou sobre desenvolvemento móbil con Expo e React Native ata charlas ta charlas máis relacionadas con temas de seguridade e privacidade versando sobre ferramentas para manter a privacidade en internet ou a introdución ao hardening en GNU/Linux pasando por charlas máis relacionadas coa propia comunidade de KDE ou o entorno de escritorio Plasma con charlas como a que nos ensinará a configuralo de forma optimizada.

O programa completo do evento está publicado na seguinte ligazón:
https://www.kde-espana.org/akademy-es-2019/programa-akademy-es-2019

Akademy-es

Como xa contamos meses atrás, este ano celébrase en Vigo co apoio do grupo local GALPon a Akademy-es.
Este evento trátase do encontro anual que ten a comunidade de KDE composta por usuarios, desenvolvedores, tradutores e entusiastas do software libre en xeral e de KDE en particular.

No último podcast de KDE España, monográfico sobre a Akademy-es, podemos escoitar certos detalles por parte dos membros da organización e da propia comunidade de KDE.

O rexistro no evento, como comentamos con anterioridade, está aberto nesta ligazón.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal