Publicado o programa do Congreso FOSS4G 2019

Mércores, 17 Xullo 2019

Dispoñible o programa do Congreso FOSS4G 2019 que se vai a celebrar en Bucarest (Romanía) do 26 ao 30 de agosto. Unha gran oportunidade para facer contactos, coñecer a desenvolvedores e á comunidade do software libre arredor do mundo XIS.

Un programa moi completo, con presentacións de todo tipo: clientes INSPIRE, Datos Enlazados, Geoserver, MapServer, publicación conforme a INSPIRE desde QGIS, INSPIRE como plataforma aberta, SENTINEL Toolboxes, GeoOrcheStra, GeoNode, Oskari, WFS 3.0, validadores INSPIRE, teselas vectoriais, IDE, metadatos, a evolución dos estándares OGC, 3D na web, Degree, GeoNetwork, PostGiS e BlockChain entre outras.

Tamén poderedes disfrutar no congreso de 44 obradoiros de 4 horas cada un, 8 conferencias convidadas, laboratorios de hora e media e outros eventos sociais.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal