O Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha (CESLCAM) publicou baixo unha licenza Creative Commons (recoñecemento-non comercial-compartir igual) os contidos do libro electrónico "Fundamentos de Síntese de Imaxe 3D. Un enfoque práctico a Blender", creado por Carlos González Morcillo (formador certificado da Fundación Blender) e David Vallejo Fernández da Universidad de Castilla-La Mancha.
Neste libro trátanse apartados fundamentais da creación de imaxe e animación por computador, empregando Blender e outras ferramentas libres.
Os apartados dos que se compón este libro son os seguintes:
- Introdución á síntese 3D
- Modelado
- Materiais e Iluminación
- Animación
- Renderizado e Posprodución
Este libro electrónico tamén está á venda en CD, en formato Digipack, cun libriño de 12 páxinas, por 6 euros. O CESLCAM é unha organización sen ánimo de lucro, así que todos os beneficios recadados serán empregados para o financiamento de novos cursos, e para a actualización dos contidos deste.
Fonte: Nova en Barrapunto
