Qt Software acaba de anunciar que os repositorios do código fonte de Qt, a súa biblioteca multiplataforma para desenvolver interfaces de usuario, están agora abertos ao público, co que agora os desenvolvedores de Qt poden axudar a guiar e configurar o futuro desenvolvemento de Qt, contribuíndo co seu código, traducións, exemplos ou con calquera outra achega a Qt ou a proxectos relacionados con Qt. Para facilitar e controlar as contribucións da comunidade, crearon unha web destinada a axudar a administrar as contribucións, baseada en Gitorious, un repositorio libre de Git para proxectos de código aberto. Nesta web pódese atopar unha serie de ferramentas e proxectos relacionados con Qt, coma o Qt Creator IDE, Qt Jambi ou varios proxectos de Qt Labs.
Qt Software, antes chamada Trolltech, é unha compañía Noruega dedicada a prover ferramentas e bibliotecas de desenvolvemento de software, así como un servizo experto de consulta. En de xuño do 2008 foi mercada por Nokia mediante unha OPA amizosa, que foi causa responsábel directa do cambio á licenza LGPL.
Fontes:http://softlibre.barrapunto.com/softlibre/09/05/12/0352211.shtml
http://www.qtsoftware.com/about/news/qt-contribution-model-announced
