O grupo Python Vigo reunirase o 18 de xullo ás 20.00. Nesta ocasión a cita terá lugar no Colexio Daniel Castelao de Vigo.
Localización

Programa de actividades
– Charla: “MQTT y Python” por David Lorenzo.
Introdución á emisión e recepción desde Python de mensaxes MQTT, un dos protocolos para IoT máis utilizados.
– Lightning Talks: Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Desde o grupo tamén recordan que en agosto farán parón para volver con enerxías renovadas en setembro.
Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
