
Esta nova versión conta con múltiples melloras e coas ultimas versións dos aplicativos que incorpora. Tal é así que mintInstall, mintUpdate, mintUpload e mintWelcome foron mellorados e engaden as últimas actualizacións en aplicativos de escritorio.
Desta versión pódense destacar como melloras sobranceiras as seguintes:
-
Conta coa versión 2.1 de Amarok
-
Firefox co plugin Moonligth
-
Compatibilidade con ext4
-
Compatibilidade con Silverligth 1.x
Tamén cabe destacar que o contorno de escritorio KDE4 co que conta esta versión de Linux Mint é un dos máis coidados estética e funcionalmente entre os que se poden atopar en calquera outra distribución con KDE4.
Linux Mint é unha distribución con licenza GPL, feita en Irlanda e baseada en Ubuntu, coa que é compatíbel, e coa que comparte, ademais, os mesmos repositorios. Segundo os seus desenvolvedores Linux Mint ten o propósito de producir un contorno de escritorio elegante, actualizado e cómodo de GNU/Linux.
Nesta ligazón podemos ver unha serie de capturas de pantalla para facernos unha idea de como é esta nova versión.
Se quere descargar Linux Mint 7 "Gloria" prema aquí.
