Mancomún

Saíu Unknown Horizons 2009.1

Mércores, 22 Xullo 2009
Unknown HorizonsUnknow Horizons é un proxecto con licenza GPL que anteriormente foi coñecido como Open Anno, e está baseado na mítica saga de Anno (1602, 1503, 1701 e 1404), o popular xogo de Ubisoft. Este é un xogo multiplataforma que está dispoñíbel para Windows e para GNU/Linux x32 e x64, é un xogo de estratexia en tempo real no que o obxectivo e facer prosperar a nosa propia civilización dende os seus albores. Para conseguir este obxectivo poderemos administrar os servizos de saúde, os impostos, a diplomacia, construción de edificios e demais infraestruturas , etc.
Esta nova versión, denominada Unknow Horizons 2009.1, conta con bastantes novidades das que destacan:

  • Nova interface de usuario

  • Compatibilidade multilingüe con Gettex

  • Novo tema musical

  • Construtor de novas naves

  • Engadidos os gráficos do cazador

  • Gráficos mellorados, como os dos habitantes

  • Melloras no rendemento

  • Engadida a opción de gardar e cargar xogos

Para descargar este xogo pódese facer a través da páxina web oficial de Unknow Horizons. Para os que empregan Ubuntu ou Debian, existe a opción de seguir unha serie de instrucións para engadir os repositorios do xogo e, así, simplemente o terían que instalar dende o xestor de paquetes, ademais de que desta forma accederase automaticamente a futuras actualizacións.

Fonte: http://www.linuxjuegos.com/2009/07/21/unknown-horizons-2009-1/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal