Mancomún

SweetFM é agora un proxecto de código aberto

Mércores, 22 Xullo 2009
SweetFMSweetFM, un dos aplicativos Mac máis atractivos para o streaming de música e, concretamente, como cliente de Last.fm, acaba de convertirse nun proxecto de código aberto e de carácter gratuíto.

Con esta medida, calquera persoa pode descargar gratis SweetFM, sen ter que pagar xa os preto de 30 dólares que se requirían antes pola adquisición dunha licenza para o uso deste.

O aplicativo conta cun gran deseño e moitas características, incluíndo compatibilidade con Apple Remote e Apple Keyboard, unha ampla integración con iTunes, e compatibilidade técnica para unha profunda interacción coas estacións de Last.fm.

Ademais, SweetFM foi actualizado recentemente, engadindo un ecualizador para os streams de Last.fm e varias corrección de erros. Sen mencionar o feito de que permite gravar as cancións favoritas directamente desde Last.fm.

SweetFM é un Binario Universal (compatible con Mac Intel e PowerPC) e require Mac VOS X 10.5 ou posterior.

Para máis información visita o sitio web Chocomoko, ou visita a páxina do Proxecto en Google Code.

Fonte: Mac User

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal