Mancomún

Optan polo sotfware libre para informatizar a rede sanitaria en Castilla-La Mancha

Mércores, 22 Xullo 2009

SescamO servizo de sanidade da Junta de Castilla-La Mancha (SESCAM) optou por sistemas Linux para a informatización da súa rede sanitaria, co que se pretende, segundo os seus responsábeis, «ter un sistema no que viaxe a información e non teña que viaxar o cidadán». Así o manifestou Carlos Royo, director dos servizos informáticos do SESCAM, nunha conferencia de prensa na que se deu conta do acordo ao que chegou a Junta de Castilla-La Mancha coa empresa de software libre HispaFuentes, que permitirá instalar solucións de Linux no sistema sanitario da comunidade.

Ambrosio Rodríguez, xefe da área informática do SESCAM, sinalou que coa elección do software libre, o goberno rexional vai aforrar un millón de euros e apuntou que antes de optar por esta solución realizouse unha proba en sete centros de saúde "con resultados estupendos".

Royo explicou que están a porse en marcha tres macroproxectos, entre eles, o denominado «Esculapio», no que se investiron 9 millóns de euros, e que supón a dotación informática de toda a Atención Primaria a finais deste ano…
Este proxecto afecta a uns 189 centros de saúde e 1.085 consultorios locais da comunidade e permitirá que uns 1.500 médicos e outros tantos enfermeiros teñan acceso a Internet e a unha conta de correo electrónico, segundo Royo.

O representante do SESCAM referiuse tamén ao proxecto "Turriano", que consiste na aplicación da historia clínica electrónica na Atención Primaria, que posibilitará o acceso dos profesionais sanitarios ás historias clínicas dos pacientes desde calquera computador.

O terceiro proxecto, denominado «Ikonos», que podería estar a funcionar en sete hospitais a finais deste ano, permitirá o acceso desde un terminal ás imaxes radiolóxicas (radiografías) unha vez levadas a soporte dixital.

Fonte da nova:
http://somoslibres.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal