No ano 2003 a Fundación Blender facía público o código fonte do programa Blender, un aplicativo de animación tridimensional desenvolvido, anos antes, en exclusividade para o estudo de animación holandés NeoGeo. A liberación facíase tras a bancarrota sufrida pola compañía desenvolvedora en 2002 e que levou aos seus acredores a ofrecer o aplicativo como produto de código aberto e gratuíto baixo os termos de GNU GPL a cambio de 100.000 €. O principal creador de Blender, Ton Roosendaal, conseguiu a cifra coa recollida de donacións a través da Fundación do mesmo nome.
Dende aquela, Blender vén sendo obxecto das mellores críticas non só no mundo do software libre senón tamén do privativo. Ás súas múltiples funcionalidades engádese a súa gratuidade por ser libre. Dato nada desbotábel, posto que a creación de modelos tridimensionais non é unha tarefa sinxela e o uso de software privativo pode resultar excesivamente custoso en termos monetarios.
É por isto que resulta interesante coñecer todas as alternativas de software libre para o modelado 3D. Máis alá de Blender, están dispoñíbeis outros aplicativos que, adaptándose á complexidade dos diferentes obxectivos do usuario, ofrecen múltiples posibilidades con código aberto. Presentamos a continuación un listado de quince aplicativos de software libre para o modelado 3D.
Blender
Como xa adiantabamos, é o aplicativo máis popular de código aberto co que se poden crear modelos, animacións e aplicativos interactivos en 3D. Emprégase para modelar, desamblaxe de UV, engadir texturas, emparellar, xerar simulacións de auga, animacións, renderizado e moitas outras funcións. Ademais permite a creación de aplicativos interactivos en 3D. Arredor de Blender existe unha forte comunidade que ten traballado na produción de pezas audiovisuais de gran valor como Big Buck Bunny, O soño do elefante… Recentemente foi publicado un novo e completo manual sobre o aplicativo.

É un programa libre para modelación e animación tridimensional. Conta con plugins para aumentar a súa potencia de procesamento e poder facelo máis versátil. Destaca principalmente no modelado con polígonos e conta cunha completa documentación en liña.

É un aplicativo dedicado á modelación e o renderizado tridimensional. Unha das súas características máis destacadas é que inclúe a técnica de subdivisión de superficies baseadas en ferramentas de modelado, animación centrada en representación de aramio (ou esqueleto) e unha linguaxe gráfica para o deseño de materiais e texturas.

TopMod3d é un sistema de modelado de topoloxía en malla e portábel. Permite a creación de sólidos como ferramenta de prototipado rápido. A única traba é que só está dispoñíbel para os sistemas operativos Mac e Windows.

AutoQ3D Community é unha sinxela, lixeira e rápida ferramenta de edición tridimensional que usa toda a potencia do hardware gráfico do PC. A súa interface é limpa, intuitiva e fácil de usar.

Seamless3d é un software de modelización 3D destinado a aquelas persoas que queiran crear modelos tridimensionais de forma moi rápida e sinxela. Trátase dun aplicativo máis artístico que con propósitos de enxeñaría.

BRL-CAD é un poderoso sistema de modelado multiplataforma para a construción de sólidos xeométricos a partir dun editor interactivo.

freeCAD é un software básico de CAD en 3D con características avanzadas na simulación de movemento. É ideal para introducir a unha persoa na aprendizaxe de sistema CAD e de simulación de movemento en 3D. A súa capacidade de simulación de movemento é comparábel aos mellores aplicativos e pode proporcionar respostas precisas aos enxeñeiros e científicos en diversos campos.

K3DSurf é un programa para visualizar e manipular modelos matemáticos en tres, catro, cinco e seis dimensións. K3DSurf é compatíbel con ecuacións paramétricas e isosuperficies. Pode ser utilizado para a modelación en 3D de funcións matemáticas e non require coñecementos previos para o seu uso.
Sweet Home 3D é un aplicativo libre para deseño de interiores que permite simular o mobiliario dunha casa. O usuario poderá: debuxar as paredes de habitacións sobre un plano existente, cambiar a cor ou a textura das paredes, importar outros modelos tridimensionais xa sexan creados por el mesmo ou descargado de internet, cambiar tamaños, ver os cambios simultaneamente no plano tridimensional cun punto de vista aéreo ou do dun visitante virtual, imprimir o plano da casa e da vista tridimensional.

Fonte: Blogingenieria.com

