Onte déronse a coñecer os gañadores definitivos dos Community Choice Awards, o concurso organizado por Sourceforge.net no que se decide que proxectos libres son os mellores dentro das distintas categorías. A lista definitiva de gañadores por categorías é a seguinte:
Mellor utilidade para administradores de sistemas:
phpMyAdmin
phpMyAdmin é unha ferramenta escrita en PHP que serve para a administración de bases de datos en MySQL a través de páxinas web.
Mellor proxecto para educación:
XMindXMind é un programa de código aberto para realizar mapas conceptuais, desenvolvido por XMind Ltd. Axuda á xente a anotar ideas, organizar gráficos, e compartilos para colaborar en liña.
O proxecto que che cambiará a maneira de facelo todo:
PortableApps.com
PortableApps.com é unha compilación de ferramentas que poden ser executadas dende un USB. Desta forma, poderemos ter sempre dispoñíbeis connosco os aplicativos que empreguemos.
Mellor proxecto para multimedia:
Audacity
Audacity é un programa libre para a gravación e edición de sons. Está dispoñíbel para Mac OS X, Microsoft Windows, GNU/Linux e outras plataformas.
Mellor utilidade para desenvolvedores:
Notepad++
Trátase dun editor de código fonte, con compatibilidade con varias linguaxes de programación, que se executa sobre a plataforma Windows.
Mellor deseño visual:
PortableApps.com
O gañador da categoría “proxecto que che cambiará a maneira de facelo todo” foi tamén o seleccionado como o proxecto cun mellor deseño visual.
Mellor proxecto para xogos:
ScummVM
Este programa permite xogar a xogos clásicos do tipo aventura gráfica, sempre que se dispoña dos ficheiros de datos orixinais do xogo.
Mellor proxecto para a empresa:
Firebird
Firebird é un sistema xestor de bases de datos relacionais multiplataforma (funciona en Linux, HP-UX, FreeBSD, Mac OS, Solaris y Microsoft Windows).
Mellor proxecto para os gobernos:
OpenOffice.org
OpenOffice.org 3 é unha suite ofimática de código aberto que inclúe programas para o procesamento de texto, follas de cálculo, presentacións, gráficos, bases de datos e máis.
Mellor proxecto comercial de código aberto:
PortableApps.com
O gañador indiscutíbel deste ano, PortableApps, tamén levou este galardón.
Mellor proxecto novo:
Eeebuntu
Eeebuntu é unha distribución de GNU/Linux baseada en Ubuntu e personalizada para traballar en equipos EeePC.
Mellor proxecto:
PortableApps.com
Como diciamos, PortableApps foi o proxecto vencedor desta edición dos Community Choice Awards. Levou o premio nas categorías de Mellor proxecto, Mellor proxecto comercial de código aberto, Mellor deseño visual, e Proxecto nos que cambiará a maneira de facelo todo.
Fonte: proyecto OpenRipple
