Mancomún

Amigus.org cumpre seis anos

Venres, 24 Xullo 2009

Amigus.orgNunhas datas tan repletas de festas por todos os recunchos como son as deste fin de semana de xullo, temos que dar conta tamén que a Asociación Informática Amigus está a celebrar o sexto aniversario da súa páxina web, amigus.org.

Esta asociación que foi fundada no ano 2002 por un grupo de veciños das Pontes, ten como obxectivos principais achegar a informática aos veciños do lugar, promover o uso do software libre e poñer en marcha unha rede sen fíos local de uso libre.

Chegados a este punto dende a asociación fixeron balance destes seis anos en liña, nos que acadaron uns grandes resultados, a pesar de que contan cun equipo de desenvolvemento e mantemento moi reducido. Pero iso si con unha multitude de colaboradores activos e de lectores, aos que Amigus agradecen as súas achegas e colaboracións.
O resultado do balance destes seis de traballo son:

  • Máis de 1.200.000 entradas na portada da páxina

  • Máis 11.000 artigos

  • Máis de 15.000 comentarios aos artigos

  • 186 temas nos foros

  • 1.153 mensaxes nos foros

  • Máis de 15 Gb de información nos seus servidores

  • As seccións especiais: Tempo nas Pontes, un Rueiro, un Álbum fotográfico, os Sons da Vila, Deporte Pontés

  • A loita polo Círculo Lítico da Mourela (DEP). E todas as protestas que se fan case a diario nesta páxina..

  • Apoio ao Software Libre

  • Apoio ao comercio local coa páxina web irmá MercaNasPontes, e o apoio á tenda da Agroalimentaria do Eume

  • Os múltiples programas de man das festas e feiras das Pontes

    Fonte: http://www.amigus.org/web/archives/011369.php

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal