SyntaxNet, o parser de maior precisión do mundo será código aberto

Luns, 16 Maio 2016

Este pasado 12 de maio Google Research anunciou a liberación de SyntaxNet, parser de linguaxe natural, como proxecto de código aberto. Aínda que non se fixeron públicos os termos da licenza coa que se libera, asúmese que seguirá os pasos de TensorFlow, que foi liberado con licenza Apache v2.  
Segundo as palabras de Slav Petrov, experto en desenvolvemento científico, "en Google, gastamos moito tempo en pensar sobre como os ordenadores poden ler e comprender a linguaxe humana" coa idea de que estes datos poidan ser interpretados de xeito intelixente. Hoxe, Slav continua dicindo que "estamos animados para compartir os froitos da nosa investigación coa comunidade en xeral, liberando SyntaxNet, unha estrutura de rede neural de código aberto baseada en TensorFlow que proporciona unha base para sistemas de Natural Language Understanding (NLU)". A versión liberada incluiría todo o código necesario para adestrar novos modelos de SyntaxNet sobre datos propios, así como o Parsey McParseface, un analizador de inglés xa debidamente adestrado que pode ser usado para analizar textos en inglés.

Acerca de Parsey McParseface

Parsey McParseface está construído sobre potentes algoritmos de aprendizaxe máquina que aprenden a analizar a estrutura lingüística do idioma, e que poden explicar o papel funcional de cada palabra nunha determinada frase. Debido a isto, espérase que Parsey McParsefacce será útil para desenvolvedores e investigadores interesados na extracción automática de información, tradución e outras aplicacións sobre NLU.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal