Nova versión dunha das distribucións GNU/Linux máis socorridas e necesarias neses momentos nos que parece que unha reinstalación con formateo incluído é a única solución.
SystemRescueCd 1.0.0 ofrécenos ferramentas como [[GParted]], Parted, e2fsprogs ou xfsprogs e ademais incluíronse navegadores gráficos como [[Firefox]] ou Dillo. Baseado en gentoo, en formato mini live-cd de apenas 180 MB. O seu kernel soporta os sistemas de ficheiros máis importantes e máis usados como [[ext2]]/[[ext3]], reiserfs, reiser4, xfs, jfs, vfat, ntfs, iso9660 e incluso sistemas de ficheiros de rede (samba e nfs).
Fonte: Fentlinux.com
