Mancomún

Tratamento dixital de imaxes con software libre nos obradoiros da Altamar

Mércores, 3 Xuño 2015

GALPon anuncia xa o obradoiro correspondente ao mes de xuño do 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar.

O sábado 27 de xuño celebrarase o obradoiro “Tratamento dixital de imaxes con ferramentas libres, Gimp e Inkscape”, no que os asistentes realizarán todo o proceso de elaboración dun cartel a partires dunha foto ata obter o cartel final en Inkscape.

BAnner do obradoiro de Gimp e Inkscape

O obradoiro desenvolverase coma vén sendo habitual en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30. Correrá a cargo de Andres Bott, fotógrafo profesional, usuario de Software Libre e socio de GALPon, e celebrarase coma sempre na Residencia Xuvenil Altamar.
O programa completo é o seguinte:

  • Nocións básicas de Gimp
    • Organización da xanela (xanela única)
    • Abrir ou crear
      • Espacio de traballo
      • Medidas → píxel vs ppp, PS error
      • Gardar e exportar
  • Ufraw (unha vista leve)
    • Balance de brancos, exposición, temperatura, ton, selector de punto neutro
    • Exif
  • Gimp
    • Capas
    • Transparencia
    • Selección
    • Máscara
      • Máscara a selección e selección a mascara
    • Combinar capas
    • Endereitado, recorte e escalado (da foto)
    • Colorear: (menú colorear, para ver ton, saturación e luminosidade)
    • Niveis
    • Curvas
    • Filtros, p. ex. desenfoque (blur), pixelar
  • Inkscape
    • Nocións básicas
      • Abrir ou crear, importar, espazo de traballo (72ppp como predeterminado)
      • Gardar e exportar
    • Capas (Ctrl + Maiús + L)
    • Obxectos vs trazo
    • Trazo e recheo (cor + grosor)
    • Crear, editar, combinar trazos
    • Engadir puntos, eliminar puntos, crear unha curva
    • Aliñamento
    • Engadir texto
    • Truco de capa de exportado

A asistencia a este obradoiro é de carácter totalmente gratuíto. Debido ás limitacións de aforo, e para facilitar o seguimento do obradoiro, hai un número limitado de prazas que se cubrirán por estrita orde de inscrición. Así pois as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse canto antes a través do correspondente formulario de inscrición.

Así mesmo poderá seguirse o desenvolvemento da actividade no «evento no G+»

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal