O noso lema é infraestruturas. Traballamos tanto con servidores aloxados na sede do cliente como no noso propio aloxamento nun CPD e despois facendo proxectos que nos van caendo esporadicamente. Por exemplo necesitan uns instaladores para impresoras de NRG en Linux, facémolo nós.

Temos cousas web, sistemas embebidos e en xeral non temos medo a calquera desenvolvemento que nos pidan. Iso si, non somos de software de escritorio imos a servizos web que se conectan ás nosas máquinas. Por exemplo agora temos un servizo antispam no que o cliente pode ter unha referencia completa dos mails que se bloquean cunha interface gráfica moi aparente pero sempre relacionado coa nosa especialidade: as infraestruturas.
Levastes a cabo unha liberación de parte do voso traballo?
Non é liberar ou non liberar, máis ben devolvemos. Por exemplo utilizamos un software de portal cautivo para wifi, o modificamos para un cliente e vimos nos foros que estas modificacións non estaban así que as puxemos alí. Participamos de igual a igual. Non é que desenvolvamos nada específico para ser liberado senón que as adaptacións que temos as devolvemos. Non somos arquitectos dun produto pero si contribuímos.
Que tipo de clientes demandan os vosos servizos?
Dentro de os clientes que máis demandan de nós e máis contribuíron ao que somos está Dayco ENSA ou un dos nosos primeiros clientes Pescapuerta, empresa de peixe conxelado, e tamén temos a distribucións Froiz e logo nomes non tan coñecidos Peter Taboada, empresa de tratamento de augas, ou Optimar, que prepara plantas de procesado de peixe nos barcos. Tamén temos clientes pequenos que non contan con servidores na súa casa porque non teñen esa necesidade pero si algún servizo como antispam.

Non é tanto por facilidade como por loxística. Se tratas con aplicacións de escritorio o negocio sácalo de vender miles de postos e nós non temos infraestrutura suficiente. Nas aplicacións de servidor tes a vantaxe de que nas empresas grandes o teu contacto é un informático e nas pequenas ao ser poucos equipos podes manexarte mellor.
A empresa grande pide máis Software Libre que a pequena?
A grande xa sabe do que vai, xa investigou e sabe que o SW libre ten vantaxes e trae aforro de custes e libera de ataduras. A empresa pequena moitas veces oíu falar del pero non sabe o que lle pode ofrecer. Neste caso os nosos produtos van máis no sentido de caixa negra. Ensinámoslle a usar un produto e o feito de que sexa Software Libre ou propietario realmente non lles importa porque o que queren é o servizo. Na empresa grande si é importante porque hai que facerlle que interactuen cos sistemas que xa teñen e hai que integrar con outros equipos e procesos da empresa e que estea en Software Libre axuda moito.
Trae o Software Libre problemas de adaptación aos usuarios?
É unha oportunidade para unha PEME coma vós que grandes empresas como PSA-Citroën aposten por Linux?
De feito ofrecéronnos desenvolver a distribución de PSA pero non tíñamos infraestrutura para acometelo. Finalmente fíxoo o seu equipo interno que tiña grande parte do traballo desenvolvido e acabárono eles. Eran 17.000 postos en PSA e o rendemento do investimento é moi grande. Nas empresas pequenas é máis difícil.
Prenderá esta incursión no Software Libre no resto do sector do automóbil?
Si de feito empresas de automoción que coñezo o tema valórase para ver se xa se pode facer, se non, cal sería o aforro, as dificultades… Antes ou despois chegará.
Un dos vosos produtos de máis éxito son os servizos de correo electrónico
Dentro dos nosos servizos no CPD damos servizo de correo a máis de 4000 contas e logo a unha serie de dominios redirixidos. É un servizo de éxito para nós, parece que a xente redescubre o correo cando lle quitas o spam. Persoas con blackberrys que estaban fartas de que estivesen soando cada 20 segundos redescubriron que isto do correo electrónico pode ser útil.
Esta iniciativa levámola tempo xestando e falando con outra xente falando para crear un clúster de Software Libre. Porque a maioría das empresas son coma nós de tres ou catro empregados, moi pequenos para atacar ás grandes oportunidades. Realmente se estivésemos máis unidos poderíamos atacar máis negocios, máis grandes e cunha cobertura xeográfica máis grande. Nós temos clientes en Vigo, Ourense ou Pontevedra pero moito máis de aí non podemos movernos. Se tes que dar un servizo 24/7 en Lugo tes 5 horas entre ida e volta polo que non podes dar bo servizo. Por iso é interesante dar un servizo entre varios e traballar distribuídos xeograficamente.
Si, definitivamente. Nós tivemos sorte porque unha empresa grande como Dayco ENSA Confiou en nós porque na súa cultura empresarial está arraigado traballar cun provedor local estreitamente. Pero a maioría das empresas grandes non son así. O que soen facer é acudir a unha consultora que lles dea unha cobertura global que o que fai é subcontratar empresas locais. Coñezo moitos casos de provedores que só poden traballar con empresas que teñan presenza en toda España. Iso é un problema para nós. Se tivésemos 200 empregados estariamos ben colocados pero chegar alá non é sinxelo porque sobre todo a nosa cultura de empezar ver como vai é difícil empresarialmente. É moito máis sinxelo cando partes dun capital para facer algo.
Isto vai mellorando desde o comezo. Ademais nós collemos cultura empresarial que sendo t
eleco non é sinxelo. Cada vez facemos as cousas mellor. Cando empezamos fixémolo asociados cunha consultora de formación e dabamos cursos de formación. Xa existía a inquietude de saber o que era Linux e como sacarlle proveito. A parte filosófica é algo quizais máis descoñecida pero a práctica é coñecida. A curiosidade xa existía.
Outro caso de cando empezamos nestes cursos foi PizzaMóvil que no 2002 desenvolveu os seus TPV en Linux montado internamente. Nas empresas onde se pode facer faise un traballo interno con Software Libre porque os informáticos están fartos dos problemas que poden ter. Na parte das infraestrutura é onde residen os casos de éxito porque é percibido como un servizo. A xente só nota que vai máis rápido e mellor e o informático pasa menos tempo na sala de servidores.
Que perspectivas tedes de futuro en Ultreia?
O futuro sempre é nebuloso.(Risas) Nós pretendemos ser axente de infraestruturas, este ano imos multiplicar por dous a nosa forza de traballo que non parece un paso moi grande pero para nós é un paso moi importante. Queremos aumentar o noso número de clientes.
Quizais dar tamén o paso a clientes máis grandes?
É difícil ás veces ir a grandes porque teñen unha cultura de externalización polo que é difícil acceder.
