Mancomún

WineXS, o contorno gráfico para Wine

Mércores, 17 Xuño 2009

WineXS logoAta o momento se querías empregar o Wine no teu sistema GNU/Linux para emular un aplicativo feito para Windows, tiñas que facelo por consola. Pois agora tes a posibilidade de facelo nun contorno gráfico, por medio do aplicativo WineXS.

WineXS ten unhas utilidades moi interesantes. Das que se poden atopar, as máis destacadas son que permite:

  • Instalar e desinstalar aplicativos.

  • Instalar compoñentes do sistema Windows e tipografías.

  • Editar o rexistro do Wine.

  • Matar procesos.

  • Editar a configuración.

  • Acceder á guía de documentación de Wine.

Este programa descárgase nun arquivo .tgz e non require instalación. É moi sinxelo de usar, tan só hai que descomprimilo do seguinte xeito:

tar zxvf wine-1.4.2.tgz

situarse na carpeta que se descomprimiu, por defecto winexs, e executar o arquivo BIN:

./winexs

A web desde onde podes descargar WineXS é http://tsx.nl/winexs.html.

Fontes: dacostabalboa.com

zonalinux.com.ar

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal