Xornadas de achegamento ao software e hardware libre no campus de Ourense

Martes, 24 Novembro 2015

Cartel de difusión das xornadasA Asociación Educativa LiGNUx organiza para os vindeiros días 2 e 3 de decembro as “II Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo” para o que contan coa colaboración da Asociación Pedagógica y Cultural Educere e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerrectoría do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación). A organización agarda repetir o éxito de convocatoria do pasado ano, cando reuniron máis de 60 persoas.

O obxectivo destas xornadas son, como o seu nome indicada, contribuír ao achegamento da cultura libre aos asistentes, a través de relatorios sobre software e hardware libre, sempre cunha orientación socioeducativa.

As xornadas celebraranse terán lugar no Edificio de Facultades, Universidade de Vigo, Campus de Ourense en horario de tarde de 18:30 a 21:00 horas. O mércores 2 de decembro celebrarase na aula 0.9 na planta baixa e o día 3 de decembro na aula 1.5 da primeira planta.
Estas xornadas son abertas ao público en xeral e de carácter totalmente gratuíto, sendo tan só preciso inscribirse previamente a través do formulario habilitado ao respecto, para o control do aforo.

Programa das xornadas

Mércores 2 de decembro:

  • Conferencia de Juan Pombo, especialista en electrónica e computación e socio fundador da empresa ROBIMAT SC, adicada ao desenvolvemento de software e solucións de automatización robótica. A súa intervención dividirase en dúas partes:
    • Unha primeira parte adicada ao software libre (reseña histórica e aplicacións do ámbito socioeducativo)
    • Unha segunda parte adicada ao hardware libre e robótica, con demostración en vivo!!.

Xoves 3 de decembro:

  • Breve charla de Pablo Castro, secretario adxunto de GPUL que fará unha breve introdución ao mundo do software, hardware e cultura libre, animando a contribuír en proxectos, asociacións, etc.
  • Obradoiro de software libre: Dividirase en dúas partes:
    • Entregaranse DVDs con programas libres, sistemas operativos Gnu Linux e manuais. A continuación, na primeira parte do obradoiro os poñentes explicarán o contido do DVD así como as instrucións de instalación e funcionamento dos programas recollidos nel.
    • Segunda parte: Traballo autónomo dos asistentes ao curso instalando o material subministrado. Nesta parte os asistentes contará coa axuda individualizada dos poñentes, entre os que se encontrarán, ademais de Pablo Castro, membros da Asociación LiGNUx e varios enxeñeiros informáticos.

Lembrar que é imprescindible inscribirse para poder asistir a estas charlas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal