Mancomún

Yahoo! libera o seu Traffic Server.

Mércores, 4 Novembro 2009

Yahoo!Yahoo! acaba de anunciar na conferencia sobre “Cloud Computing” celebrada en California, que liberou baixo unha licenza Open Source a súa plataforma de tráfico “Traffic Server”. Esta plataforma foi adquirida tras a compra de Inktomi, e leva oito anos de funcionamento xestionando o tráfico dos servizos internos de Yahoo!, o servidor de correo web empresarial, o tráfico de almacenamento ou os servizos de virtualización. Este código estará dispoñíbel como un proxecto da Apache Software Foundation.

Esta plataforma úsase por Yahoo! E Inktomi, xestiona 30.000 solicitudes por segundo e serve 30.000 millóns de obxectos web e 400 Terabytes de datos diarios, aínda que segundo a compañía e tan flexíbel e escalábel como para poder manexar empresas grandes ou pequenas.

Traffic Server

Coa liberación Traffic Server, Yahoo! continúa súa liña de acercamento ao software libre, xa que en xuño tamén liberara Hadoop (sistema de ficheiros distribuído para a xestión de datos) . Nesa ocasión tamén baixo unha licenza libre Apache.

Fonte: muycomputerpro.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal