FreeBASIC é un [[compilador]] de código aberto, baixo licenza [[GPL]], de 32 bits da linguaxe [[BASIC]]. Deseñouse para ser compatible en sintaxes con [[QuickBASIC]], aportando novas capacidades. Pode compilarse para Dos, Microsoft Windows, GNU/Linux, e XBOX e está sendo portado a outras plataformas.
FreeBASIC está soportado polas ferramentas de programación binutils de GNU e pode xerar executables de consola e GUI, ademais de bibliotecas dinámicas e estáticas. As capacidades que distinguían ao QuickBasic, como a biblioteca gráfica e o acceso a portos hardware engadíronse ao FreeBASIC. Algunhas características novas son os punteiros e o ensamblador en liña, en breve dispoñerá de obxectos e soporte a Unicode. Pode empregar as bibliotecas de GNU-C, e xa dispón de cabeceiras para Wx-c, Gtk, GSL, SDL, Allegro, Lua, [[OpenGL]], [[MySQL]].
Aínda que está en fase beta, xa é utilizado en aplicacións importantes. O compilador ten máis de 57.000 liñas e está escrito en FreeBASIC.