Liberada a última versión de Slony-I, versión 1.2.2. dispoñible vía pgfoundry. É moi recomendable, para usuarios de versións 1.2.0 e 1.2.1, actualizarse a esta versión que corrixe un número importante de erros.
Slony-I é un sistema de replicación, mestre a múltiples escravos, con cascada e “failover” para postgreSQL.
Slony-I está pensado para “data centers” e sitios de respaldo, onde o modo normal de operación é que tódolos nodos estean dispoñibles.
