DeVeDe é un programa para a creación de vídeo CD e DVD que foi desenvolvido por un vigués chamado Sergio Costas.
DeVeDe permite crear un CD ou DVD de vídeo con calquera número de ficheiros e en calquera formato reproducible por Mplayer.
A gran novidade nesta versión 3.0 é que agora DeVeDe permite engadir un menú cos títulos e fondos gráficos totalmente personalizable, aínda que non chega ao nivel doutras ferramentas. Podedes consultar a lista completa de cambios premendo en ler máis…
- Permite engadir un menú ao DVD coa lista de títulos e unha imaxe de fondo personalizada
- Permite gravar a estrutura do disco, para reutilizala ou para seguir traballando noutro momento.
- Permite escoller até 448kbit/sec para o son.
- Pide confirmación antes de cancelar un traballo.
- Fonte un pouco máis grande para os subtítulos.
- Usa a extensión .AVI ao xerar ficheiros DivX.
- Corrixido un bug con ‘locales’ no UTF-8.
- Corrixida a tradución da mensaxe “Non hai suficiente espazo libre…”.
- Corrixido un bug ao borrar ficheiros e directorios conflitivos.
- Corrixido un bug cando se crea un [[DivX]] co mesmo tamaño final que o orixinal.
- Agora, se a conversión das películas falla, non amosa unha mensaxe de “Todo correcto”.
En www.guia-ubuntu.org teñen dispoñible unha guía de usuario para DeVeDe (ademais doutro moito software) para aprender a instalar e manexar o software.
DeVeDe só necesita ter instalado os seguintes paquetes para funcionar: Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager, MKisofs, Python 2.4, PyGTK e PyGlade.
Outros software de gravación de DVD tamén son: ‘Q’ DVDAuthor (unha interface gráfica desenvolvida en Qt para DVDAuthor) ou ManDVD.
