A Akademy 2022 celebrarase en Barcelona

Martes, 15 Febreiro 2022
A Akademy 2022 celebrarase en Barcelona

KDE anunciou que a Akademy 2022 terá lugar tanto en formato online como en formato presencial en Barcelona, do 1 de outubro ata o 7 de outubro, cunha festa de benvida prevista para a noite anterior ao comezo das charlas.

A Akademy é o evento da Comunidade KDE que xunta nunha gran conferencia todo tipo de simpatizantes de KDE como desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores e promotores. Alí reuniranse ao longo dunha semana para compartir charlas, ceas, relatorios, talleres e, en definitiva, para traballar xuntos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal