A edición 2024 do Congreso esLibre, terá lugar en Valencia o 24 e 25 de maio.

A esLibre defínese como un evento itinerante que reúne á gran parte da comunidade española relacionada coa cultura libre. Este ano a comunidade anfitrioa é GNU/Linux València, e as xornadas de coñecemento libre celebraranse en Las Naves, o centro de innovación social e urbana da cidade de València, e La Mutant, o espazo de artes vivas.

A primeira fase para enviar todas as túas ideas está aberta ata o 28 de xaneiro.
Información sobre o envío de propostas:
https://eslib.re/2024/propuestas/
Propostas recibidas:
https://gitlab.com/eslibre/propuestas/-/merge_requests?label_name[]=2024

