A Linux Foundation Europe, e varias empresas como Red Hat, Qualcomm, Samsung, Google, MediaTek, Nvidia e Intel entre outras, están creando un ecosistema de software que admita a arquitectura de RISC-V.
Aceleración do ecosistema de RISC-V
O proxecto RISC-V Software Ecosystem (RISE) é un esforzo de colaboración dirixido por líderes do sector coa misión de acelerar o desenvolvemento de software de código aberto para a arquitectura RISC-V. Ten a finalidade de reunir a proveedores de varios sectores industriais, como o móbil, o centro de datos e a automoción.

Os membros do proxecto contribuirán financeiramente e proporcionarán enxeñeiros para desenvolver ferramentas, bibliotecas, sistemas operativos e aplicacións adaptadas ás necesidades identificadas polo comité técnico do proxecto.
RISC-V é unha arquitectura de conxunto de instrucións (ISA) RISC de 64 bits con especificacións abertas que pode ser utilizada libremente pola educación, a investigación e a industria.
Larry Wikelius, director sénior de estándares técnicos de Qualcomm, dixo:
«A arquitectura flexible, escalable e aberta de RISC-V permite obter beneficios en toda a cadea de valor, desde os provedores de silicio ata os fabricantes de equipos orixinais e os consumidores finais».