A Linux Foundation Training & Certification e RISC-V International (sede sen ánimo de lucro do estándar aberto RISC-V), anunciaron o lanzamento de Fundamentos de RISC-V (LFD210), un curso deseñado para enxeñeiros informáticos e programadores que buscan acelerar a súa carreira tecnolóxica.
RISC-V é unha arquitectura de conxunto de instrucións de estándar aberto. O curso Fundamentos de RISC-V axudará ás persoas para poñerse ao día cos fundamentos da arquitectura RISC-V ou a realizar a transición desde outra arquitectura. Contar con estes coñecementos sobre RISC-V e as habilidades de desenvolvemento de software asociadas fai que calquera persoa que queira dedicarse á tecnoloxía destaque.

O curso, xunto coa experiencia do mundo real e o estudo, proporciona as habilidades e coñecementos que se avalían no exame RISC-V Foundational Associate (RVFA).
Este curso prepara aos profesionais de TI para escribir código en linguaxe ensamblador para procesadores RISC-V e utilizar linguaxes de alto nivel como C para desenvolver aplicacións para sistemas baseados en RISC-V. Ademais, os participantes aprenderán sobre os sistemas operativos RISC-V e as ferramentas que poden utilizarse para desenvolver e depurar software RISC-V.
Temario
– Introdución ao conxunto de instrucións RISC-V
– Comprensión dos formatos de instrución e pseudoinstruccións
– Modularidade de RISC-V como ISA
– Privilexios e modelo de memoria
– Linguaxe ensamblador para RISC-V
– Escritura e depuración de código ensamblador RISC-V
– Linguaxes de alto nivel para RISC-V: Programación en C
– O compilador C de GNU para RISC-V
– Clang e LLVM para RISC-V
– Sistemas operativos e ferramentas para RISC-V
– Firmware para plataformas RISC-V
– Sistemas operativos RISC-V de propósito xeral
Recoméndase que os estudantes que se matriculen neste curso teñan:
– Experiencia básica en arquitectura de computadores
– Experiencia básica con calquera linguaxe ensamblador
– Experiencia coa linguaxe de programación C
– Certa exposición a elementos básicos do sistema operativo como paxinación, multifío, sincronización e coherencia de caché.
