A nova Deepin 20.2 xa está dispoñible

Martes, 13 Abril 2021
A nova Deepin 20.2 xa está dispoñible

A distribución Deepin ven de anunciar a súa nova versión 20.2 baseada en Debian 10.8, pero co escritorio homónimo e que permite usar algún software máis moderno, así como escoller entre dous núcleos de Linux, a versión estable 5.11 ou a versión de soporte máis longo 5.10. Algunhas outras novidades son melloras no rendemento e a optimización do consumo de memoria, así como algunhas utilidades como poden ser a ferramenta de reparación de sectores defectuosos no disco.

A nova versión está dispoñible na páxina de descargas da web do proxecto.

Máis información no anuncio oficial.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal