A nova Linux Mint 21 xa está dispoñible

Luns, 1 Agosto 2022
A nova Linux Mint 21 xa está dispoñible

A distribución de GNU/Linux baseada en Ubuntu, Linux Mint, ven de lanzar a súa versión número 21 co nome de Vanessa e como é tradicional nesta distribución conta con 3 sabores dependentes da contorna de escritorio a escoller:

  • Linux Mint Cinnamon
  • Linux Mint MATE
  • Linux Mint Xfce
logo

As imaxes para a instalación de todas as variantes están dispoñibles para a súa descarga dende a páxina web do proxecto.

Novidades de Linux Mint 21 “Vanessa”

Esta nova versión non presenta grandes novidades. A principal é que pasa a se basear en Ubuntu 22.04 LTS e conta con soporte ata o ano 2027. Por outro lado tamén se destaca o cambio na sistema de xestión de Bluetooth, que pasa a utilizar Blueman en lugar de Blueberry, que fornece unha aplicación máis integrada coa diversidade de contornas de escritorio. Así mesmo tamén hai melloras na aplicación de notas e na de copias de seguridade

Todas as versións contan con un núcleo Linux na versión 5.15 e as versións das distintas contornas de escritorio son a Cinnamon 5.4, que mellorou a parte de configuración do propio entorno, Mate 1.26 e Xfce 4.16.

Para coñecer máis sobre as novidades das versións poden visitarse os artigos que publicaron sobre as novas versións: Linux Mint Cinnamon, Linux Mint MATE ou Linux Mint Xfce.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal