Akademy 2023 celebrarase en Salónica

Luns, 23 Xaneiro 2023

Salónica será a sede da Akademy 2023 nun evento que se celebrará do 15 ao 21 de xullo.

En breve lanzarase o «Call for Papers» e empezarase a procura de patrocinadores. Despois dos dous días de charlas, celébranse 5 días de traballo de hacking e realízanse talleres.

Akademy

Akademy é o evento da Comunidade KDE que reúne nunha gran conferencia todo tipo de simpatizantes de KDE como desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores, promotores.

Alí reuniranse ao longo dunha semana para compartir charlas, ceas, relatorios, talleres e, en definitiva, para traballar xuntos. Unha semana que serve para reforzar os lazos que unen a Comunidade, así como para crear novos.

Akademy leva realizándose anualmente baixo este nome desde 2004.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal