Ampliado o prazo de inscrición do XV Concurso Universitario de Software Libre

Luns, 24 Maio 2021
Ampliado o prazo de inscrición do XV Concurso Universitario de Software Libre

Desde a Organización do Concurso Universitario de Software Libre, anunciaron que van estender a fase de inscrición ata o 21 de xuño.

A misión do Concurso Universitario de Software Libre é tentar chegar a todos os estudantes de España para darlles a coñecer os beneficios do Software Libre non só a nivel institucional senón tamén a nivel persoal.

Desde a organización esperan que esta extensión faga que os indecisos se lancen a participar e saquen adiante eses proxectos que tanto gozarán durante a fase de desenvolvemento.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal