Nesta entrega veremos Bitwarden, un potente xestor para as nosas contrasinais. Bitwarden é un xestor de software libre e gratuíto, que nos axuda dunha forma fácil e segura.

Pódese usar tanto a nivel particular, como en equipos e organizacións que necesiten compartir e sincronizar datos sensibles. Este xestor está optimizado para o seu uso tanto en dispositivos de escritorio, coma en tablets e teléfonos intelixentes.
Bitwarden
O uso seguro de aplicacións e servizos dixitais en liña, require que manexemos un gran número de contrasinais diferentes, a poder ser dunha extensión longa, mesturando letras, números e símbolos se queremos estar protexidos.
Co uso dun xestor de contrasinais, poderemos resolver estes problemas de xestión de múltiples usuarios e contrasinais, sen necesidade de ter que memorizalas e facilitando o proceso de creación, xestión e uso delas.
Bitwarden é un xestor de software libre. A transparencia do código fonte debería ser un dos requisitos imprescindibles para as solucións de seguridade.
Os datos son cifrados antes de saír do noso dispositivo, de extremo a extremo, polo que soamente nós poderemos ter acceso a eles. Pero a forma máis fácil de usar Bitwarden é integrándoo a través dunha extensión no noso navegador.
Pílula en vídeo sobre Bitwarden
Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.