Nesta entrega veremos Telegram, unha aplicación libre de mensaxería instantánea que podemos usar tanto nos nosos dispositivos Android coma no resto deles.

Telegram é unha aplicación de mensaxería instantánea enfocada na velocidade, na seguridade e na facilidade de uso.

Con Telegram poderemos ter conversa con amigos, crear conversacións grupais e compartir todo tipo de contidos. As mensaxes de Telegram están cifrados e teñen a opción de autodestrución. Os seus grupos poden ter ata 200.000 membros.
Conta con aplicación para dispositivos móviles, pero tamén existen clientes para escritorio e para poder usalo directamente a través do navegador. Tamén conta con funcionalidade de compartición da nosa localización mediante OpenStreetMap.

Con Telegram podes enviar mensaxes, fotos, vídeos e arquivos de calquera tipo (documentos, zip, arquivos de son…). Podes escribir aos contactos do teu teléfono e atopar persoas polos seus nomes de usuario. Telegram é como un SMS e un correo electrónico combinados, e pode ocuparse de todas as túas necesidades de mensaxería persoal ou empresarial.
Aos usuarios empresariais e aos equipos pequenos pódenlles gustar os grupos, as aplicacións de escritorio e as potentes opcións para compartir arquivos.
Admite chamadas de voz e vídeo cifradas de extremo a extremo, así como chats de voz en grupo para miles de participantes.

Telegram conta cun buscador de gifs animados e un editor de fotos. Non hai que preocuparse polo espazo en disco no teu dispositivo. Co soporte da nube de Telegram e as opcións de xestión da caché, Telegram pode ocupar pouco espazo no teu teléfono.
Podes descargalo descargalo tamén desde o repositorio libre de F-droid.
Pílula en vídeo sobre Telegram
Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.