O 22 e 23 de setembro terá lugar a Atlántica Conf na Facultade de Informática de A Coruña.
AtlanticaConf é un evento que naceu para ser o punto de encontro da comunidade tecnolóxica galega, un lugar onde empresas, profesionais, estudantes e comunidades poidan xuntarse e crear ecosistema.

Un espazo que axude a poñer en valor a tecnoloxía de calidade que se desenvolve en Galicia e aos grandes equipos de profesionais que temos traballando desde a nosa terra ou dispersos polo mundo. Un lugar onde pensar e traballar por unha tecnoloxía inclusiva, ética e polo ben social, en resumo, innovación si, pero con sentidiño.
O que nos espera en 2023
2 días, 3 tracks, +400 asistentes
Charlas, mesas redondas, lightning talks e open spaces
En familia, con cafés e xente moi riquiña
Os mellores relatores e asistentes de todos os perfís
Call for papers
Xa podes presentar a túa proposta para Atlántica Conf 2023.
Temáticas
– Software libre e código aberto
– Privacidade, soberanía dixital
– Frameworks, APIs, librerías e outras utilidades
– Tecnoloxías emerxentes (realidade estendida, IA…)
– Deseño e videoxogos
– Metodoloxías de traballo, xestión de equipos e liderado ético e inclusivo
– Casos de uso de tecnoloxía aplicado a sectores non tecnolóxicos en Galicia
– Cultura libre
– Tecnoloxía e regulación (legalidade, normativas, estándares e colaboración)
– Outras temáticas relacionadas coa tecnoloxía
Se crees que poderías ter un proposta pero non tes a seguridade de se encaixaría ou non, animámosche a que nos presentes un borrador igualmente, e comentámosche se/como podería encaixar.
Formatos
– Charlas, que terán unha duración de 30 minutos máis 5 de preguntas.
– Open spaces, propoñendo unha temática ampla para un, e moderándoo
– Lightning talks, onde podes falar durante 7 minutos dun tema que queiras contribuír coa comunidade
– Mesas redondas, que serán por invitación e que desvelaremos máis adiante