Canonical estende o soporte de Livepatch a todos os kernels das versións LTS de Ubuntu

Martes, 23 Maio 2023
Canonical estende o soporte de Livepatch a todos os kernels das versións LTS de Ubuntu

Livepatch, é o servizo que permite a aplicación de actualizacións do kernel en quente e sen a necesidade de reiniciar o sistema. Esta característica vai dirixida a usuarios profesionais, principalmente a servidores. Englóbase no paquete de soporte Ubuntu Pro.

Só o kernel orixinal de cada versión de Ubuntu LTS tiña soporte de Livepatch, ata o de agora. A partir de agora, ese soporte esténdese a todos os kernels con mantemento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal