Mancomún

Canonical únese á Academy Software Foundation

Xoves, 16 Febreiro 2023

Canonical anunciou a través do seu blogue oficial que se uniu á Academy Software Foundation como Membro Principal. A compañía explica que “esta asociación ten como obxectivo reunir a membros da industria dos medios e o entretemento para mellorar as colaboracións que involucran software de código aberto”.

Academy Software Foundation foi creada por The Linux Foundation en colaboración coa Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Estados Unidos. O seu obxectivo é “proporcionar un foro neutral para desenvolvedores de software de código aberto na industria cinematográfica e industrias de medios relacionadas co fin de compartir recursos e colaborar en tecnoloxías para a creación de imaxes, efectos visuais, animación e son”.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal