Mancomún

Curso de GIMP na rede CeMIT

Xoves, 4 Febreiro 2021
Curso de GIMP na rede CeMIT

A aula CeMIT de Ribeira vai impartir un curso sobre o editor de imaxes GIMP. Co programa GiIMP pódense realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, …

Terá lugar entre o 8 de febreiro e o 10 de marzo de 2021, en horario de 16:30 a 18:00. Luns e mércores.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.

GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Como anotarse

As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vía telemática na web da aula.

O Concello de Ribeira explicou que as clases desenvolveranse respectando a normativa de seguridade anti-COVID, é dicir, distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6 prazas), uso de máscara durante toda a sesión, ventilación continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de traballo.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal