Curso de LibreOffice na aula CeMIT de Ribeira

Xoves, 4 Febreiro 2021
Curso de LibreOffice na aula CeMIT de Ribeira

A aula CeMIT de Ribeira vai impartir un curso sobre o uso de LibreOffice, onde se verán o manexo do editor de textos Writer, da folla de cálculo Calc e do creador de presentacións Impress.

Terá lugar entre o 8 de febreiro e o 31 de marzo de 2021, en horario de 09:30 a 11:00.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Reserva da túa praza

As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vía telemática na web da aula.

O Concello de Ribeira explicou que as clases desenvolveranse respectando a normativa de seguridade anti-COVID, é dicir, distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6 prazas), uso de máscara durante toda a sesión, ventilación continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de traballo.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal