Curso de LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

Luns, 6 Marzo 2023
Curso de LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

aula CeMIT do Concello de Boiro vai iniciar en marzo formacións sobre ofimática. A axenda para marzo e abril porá o foco nas posibilidades de LibreOffice, a suite libre de ofimática.

En todos os módulos de formación ofertados haberá posibilidade de examinarse para obter un certificado oficial ao remate de cada curso.

Formacións

– Competencias dixitais en procesador de textos Writer, do 7 ao 15 de marzo en horario de 10.30 a 12.00 horas.
– Competencias dixitais en folla da cálculo Calc, entre o 20 e o 29 de marzo de 10.30 a 12.00 horas.
– Competencias dixitais en base de datos con Base, do 10 ao 20 de abril entre as 10.30 e as 12.00 horas.
– Competencias dixitais en elaboración de presentacións con Impress, do 24 ao 26 de abril de 10.30 a 12.00 horas.

Inscrición

Para formalizar as inscricións nos cursos na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, cómpre enviar un correo electrónico a axentetic@boiro.org ou contactar coa aula a través dos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal