Curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames

Xoves, 3 Agosto 2023
Curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames

O curso en liña da aula CeMIT de Ames sobre “Edición de imaxes con GIMP” terá lugar os luns e mércores, de 16:30 a 18:00 horas, dende o 18 de setembro ata o 11 de outubro.

Curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames

Os participantes achegaranse a esta ferramenta de software libre e de balde, que serve como alternativa a Photoshop. As clases servirán para entender as súas bases e desenvolver a técnica de emprego. Neste caso, só será preciso matricularse e asistir ao directo de Youtube a través do ordenador. Antes do comezo das clases enviarase por correo electrónico a información necesaria para acceder a cada unha das sesións.

Ao estar as instalacións da aula pechadas durante todo o mes de agosto, as inscricións deben facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou premendo nesta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal